No nome da ciencia
Sakti

Todo xustificado. Malversación do concepto ciencia.

Falsificación da sabedoría.

Negar a intuición e a comprensión humana.

Experimentacións inútiles con seres vivos. Todo xustificado por eles: por regulamentos absurdos, por premisas que non funcionan, científicos obligados a investigar causando sufrimento a seres vivos ou quedar o seu interese relegado ao ostracismo, científicos corruptos que viven dos experimentos, ensañamento sen máis razón que as razóns de poderosas compañías, se te negas quedas fora, cadeas de mando que non entenden de dor e tortura senón de resultados e comisións reguladoras, tontos emocionais que coma soldados fan o que lles dí o mando sen cuestionar, ensinanza nas universidades deformadas, non cuestiones o que te ensinan, non hai máis verdade que a dos doctos homes, os non doctos non se doutoran, os que non son doutores non son doctos, degradación dos seres vivos a cousas, degradación de cousas a obxetos e obxetivos científicos degradados a cartos-sí cartos-non, papeleos que non falan da tortura, da dor causada ós animais.

E o home: non vive máis, non vive mellor: cronifican as súas enfermidades, agudízanse as diferenzas, négase o poder da mediciña de sanación, convirtíndose en motivo de mofa, escarnio e falta de creto para quen a recibe e pratica, práticas e sabedorías de séculos relegadas ao esquecemento, eu morro e ninguén pode recibir e conter o que sei, ninguén da creto o que aprendín e mellorei.

Nos hospitais: ingresos traumáticos, tratos de favor, tratos de non favor, carnicerías nas que se fala do enfermo coma se non estivese presente, informes clínicos en terceira persoa, despersonalización do enfermo, gasto exorbitado e sen sentido, onde non impera máis lóxica que a non-lóxica da xerarquía, aparato pensador: ese non é o meu campo, concepto holístico non recoñecido, que xa o dicían na universidade.

Produccións industriais: inseminacións artificiais que son violacións, violacións que son descargas eléctricas, dexeneración, enfermidade, alimentacións contra-natura, Natureza prostituida, cosificada, envelenada. Tortura por cartos, producción a calquera prezo, carne e fame: xustificacións que se caen polo seu propio peso, carceis desde antes de nacer, tortura desde antes de nacer, desexar non ter nacido, desexar morrer.

Pero: auxe da sanación, auxe da búsqueda espiritual, auxe humana, auxe do mundo, auxe do poder de sanar o mundo. Entende que o teu ben e o ben de todolos seres.

Na súa procura andamos (polo ben de todolos seres).

Sociedad enferma
Miguel Amorós

Forzas Eskizoá:

Nada máis nacer comezan a corrompernos
Laura
Cita
serxio
Versos
Jorge Moro
No nome da ciencia
Sakti

El representante de la Casa de Piensos Compuestos
Pedro García Olivo

Apuntamentos a favor da desviación e da anomalía nesta sociedade enferma
DERRADEIRA CIDADE

Muller terra: a procura da sanación feminina
Fátima Bermejo

Transgênicos nas comunidades indígenas peruanas
Alejandro Argumedo

Naturaleza devastada
Félix Rodrigo Mora

Do que se cría
Matosende

Quiero señalar...
Teresa Rodríguez

GRANDE HOSPITAL MUNDIAL
DAVID BRUZOS

A Pobreza, Unha Enfermidade do Capitalismo
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL

CAPITALISMO, HAMBRE, SALUD
OTTO MÁS

El bastón y la serpiente
Alberto Domínguez

Morte violenta nas beiras do mundo rico
Benito Alonso

We all live in a yellow submarine
Marcos Abalde Covelo

Santísima trindade
MINUX

A limpeza enferma
Manolo Rei

DEL DIARIO DE UN DECEPCIONADO
RAFAEL BECERRA

Impacientes do mundo unídevos!
Emma Dourado

Estamos enfermos ou simplemente non estamos?
Rebeca Baceiredo

Comunicar-se no barulho urbano
antipanfleto

A enfermidade do medo
Eliseo Fernández

Antivirus
Paulo Hortak

Tirado do “Retrato do home civilizado”
Emil M. Cioran

ACHEGAS GRÁFICAS

Colectivo editorial Renderén | colectivo.renderen(a)gmail.com | OURENSE - Galiza