Nada máis nacer comezan a corrompernos
Laura
Que impronta recibe unha persoa nada máis nacer e incluso desde antes do momento do parto? que a clase médica pode manipulalo e facer con el o que queira… certo que o parto humán e fodido. Moitas mulleres morren e sufren por isto en todo o mundo. Onde hai hospitais, paritorios, comadroas e toda a infraestrutura que coñecemos onde vive quen isto escribe, no parto non é protagonista a muller e o fillo (é algo que está a cambiar). O primeiro que fan co recén chegado e medilo, pesalo, tomarlle as pegadas... en fin, todo ese mamoneo fai que os homes e mulleres de aquí sintamos confianza na clase médica. Eles son os salvadores. Ben certo é que estes avances son avances en canto que salvan a vida de moitas parturientas e bebes que nacen.
Onde a clase médica non está presente as cousas son diferentes. Hai moitas mortes e problemas nos nacementos. Pero a impresión que recibo é de maior liberdade. Parir na casa, nascer na casa, é ser máis libre. O parto pode desenvolverse nun ambiente acolledor. Son os nenos os que deciden o momento de vir o mundo e eles e as súas nais merecen a atención máis esmerada e amorosa que se lle poida dar.
O pouco de nacer as nais queren ou deben, ou cren que deben, volver a traballar. O capital obriga. Abandoan aos seus fillos todos os días en mans de quen? as escolas infantís permiten que os pais poidan dedicarse a producir para o Capital e os meniños caen tamén en mans do sistema. Ben pronto é o momento de “ter un traballo”: hai que madrugar, hai que obedecer as figuras autoritarias profesor-director-xefe de estudos. Hai que producir boas notas. Hai que competir... se pasades perto dun colexio e escoitades aos rapaces tal vez percibades a opresión nos berros e voces deles. Sigo camiñando e un paxaro canta nunha xaula. Máis opresión. Pero unha gaivota flotanto no ar, un ratiño despois, lanza o mellor berro que ouvir se pode ese día: liberdade: non é facil a vida, pero é liberdade a fin de contas.
A falacia da mediciña ortodoxa
A relixión destes tempos é a ciencia… o tempo da bioloxía, da taxonomía. Na filosofía mundial hai conceptos sobre os que non cabe discusión: o concepto de especie, a verdade do pensamento lóxico. A partir del o home convírtese no Centro do universo. Os humáns teñen a mirada posta no seu embigo de humáns e só dan por certo aquilo que é experimentable, visible, palpable dende o seu embigo! A intuición morreu como ferramenta fiable para vivir. Segundo a ditadura científica, un home que se guíe pola súa intuición é alguén atrasado, que non ten cabida nos muros dos infecto-impolutos hospitais e universidades.
Coa psicoanálise négase totalmente incluso a existencia da intuición, perseguese pola mente da persoa ata cambiarlle o nome, explicala loxicamente. Coa psiquiatría calquera percepción espiritual, calquera desviación da norma, do normado, do normativo, ten nome de enfermidade. E para máis trátase, queiras ou non. De maneira sutil e non tan sutil, entenderás que te tratarás.
O concepto especie acabou coas diferenzas. Se son excéntrica (fora-do-centro) son unha enferma. A falacia desta sociedade vende a excentricidade como algo divertido, vende a diferencia como si fora certa cando nunca foi tan mentira. Se eu me poño a bailar e cantar diante dunha cámara na rúa a xente mirarame, sinalarame e poñeranme a etiqueta de “diferente”. Se o ensinan nun anuncio de TV transmitirán a tan necesaria ilusión de liberdade e espontaneidade. A realidade que vivo é que liberdade e espontaneidade, sinceridade... fronte o sistema que non me gusta, penaliza moito socialmente falando. Ao menos que te atopes entre ex-céntricos.
A centricidade da sociedade aglutina o normal, normado, normativo cara o centro. O que se aparta do centro sufre as consecuencias, sutilmente. Do que se aparta do centro coméntase sen rubor ningún: “chst, que pena, co intelixente que é!”, “chst, que pena, coa carreira que ten!”, “chst, que pena, co que el sabe!”,chsteen vostedes o que queiran, señoras e señores céntricos en posesión da única verdade que coñecen: eu prefiro aportar a menos gasolina posible ao Sistema.
Ollo, que xa se encargan eles de ordearnos se non queremos aportar algo voluntariamente: nos convirten noutro tipo de “vacas leiteiras”, animais oprimidos, persoas ás que sacar proveito e que aturen o tirón. Incluso ao que menos fanlle facer: darante medicación para que entres millor na norma (que eu non quero entrar, señores e señoras posuidores da única Verdade). Que non hai canción pero algo así podía dicir “... me da leche merengada con la recetita periódica en la farmacia tolón tolón”. Pobres vacas leiteiras, de por vida a receitiña a consumir.
As medicacións axudan a manter o sistema. Traballos inaguantables, cárceres masificados, hospitais coma cárceres, vidas tristes, situacións familiares duras, abusos, cidades coma ratoeiras(os meus respetos pos ratóns)... Todo iso e máis mantén a medicación.
Canta xente tería xa reventado senón? mátanse tantos paxaros dun tiro coas medicacións! Outra aliada contra a que loitar máis é a TV. O tempo que se pasa diante da TV, pasivamente, de tanta xente... imaxinade toda a actividade que frea! e que é o que a xente percibe pola TV? principalmente merda. Principalmente, mentres ves e oes e te sometes as ondas electromagnéticas da TV a pasividade entra nun, apodérasete certo estúpido estado letárxico... Iso hai que estudialo qué está a pasar nun cando ve a TV? estudialo desde fora, e evitalo.
E ista é a sociedade que temos, o que somos: unha sociedade sometida a un sistema que sutilmente somete, iso si. Non lle vaias contar este rollo a algúns que xa sabes: vai coller unha etiquetiña e deseguida cha pega, cal boneco de papel dos Santos Inocentes.
A enfermidade é o sometemento, é a idea que moita xente ten de que: “eu non podo facer nada para cambiar as cousas”… a equivocada idea de que “son os de arriba os que algo poden facer”.
E como os do centro do sistema poden cambiar? como facerlles crer que o cambio o ten que facer el ou ela? se llo conto eu coas etiquetas de ex-centrica por todos os lados, non son crible para eles. A TV cóntallo parecido, si, decindo: “Tranquilo, que o sistema se encargará de cambiar o que hai que cambiar, ti sigue no sistema”. Eso é algo verdadeiramente molesto tamén: que o sistema, as empresas, se apropien de termos como ecolóxico, sostible... ai, maldito sistema!
Ten sentido que sexamos capaces de vivir nas condicións en que vivimos? nos países onde non hai, onde hai pobreza, porque a hai. Aquí, metidos en altos edificios, atópolle o tema moi parecido con xaulas para galiñas. Os pobres animais córtaselles o pico para evitar que se agredan uns a outros. Nos temos a televisión, para que non saiamos a rúa, as medicacións psiquiátricas para aguantar condicións, por exemplo laborais, que de outro modo non aturaríamos.
O que ocorre nos cárceres e nos hospitais: As medicacións permiten masificar estes sitios, reducir os problemas de convivencia nunhas condiciós nas que cárceres e hospitais terían que reventar. A xente tería que reventar máis a miudo: non aturo máis! vou reventar! –Calma! toma unha destas ao día e poderás seguir traballando nesas condicións–. Así mátanse 50 paxaros dun tiro: nutrimos a industria farmaceútica, nutrimos a industria para a que traballamos, nutrimos ás industrias nas que consumimos, vivimos “sen vivir”.
|
|
Sociedad enferma
Miguel Amorós
Forzas Eskizoá:
Nada máis nacer comezan a corrompernos
Laura
Cita
serxio
Versos
Jorge Moro
No nome da ciencia
Sakti
El representante de la Casa de Piensos Compuestos
Pedro García Olivo
Apuntamentos a favor da desviación e da anomalía nesta sociedade enferma
DERRADEIRA CIDADE
Muller terra: a procura da sanación feminina
Fátima Bermejo
Transgênicos nas comunidades indígenas peruanas
Alejandro Argumedo
Naturaleza devastada
Félix Rodrigo Mora
Do que se cría
Matosende
Quiero señalar...
Teresa Rodríguez
GRANDE HOSPITAL MUNDIAL
DAVID BRUZOS
A Pobreza, Unha Enfermidade do Capitalismo
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL
CAPITALISMO, HAMBRE, SALUD
OTTO MÁS
El bastón y la serpiente
Alberto Domínguez
Morte violenta nas beiras do mundo rico
Benito Alonso
We all live in a yellow submarine
Marcos Abalde Covelo
Santísima trindade
MINUX
A limpeza enferma
Manolo Rei
DEL DIARIO DE UN DECEPCIONADO
RAFAEL BECERRA
Impacientes do mundo unídevos!
Emma Dourado
Estamos enfermos ou simplemente non estamos?
Rebeca Baceiredo
Comunicar-se no barulho urbano
antipanfleto
A enfermidade do medo
Eliseo Fernández
Antivirus
Paulo Hortak
Tirado do “Retrato do home civilizado”
Emil M. Cioran
ACHEGAS GRÁFICAS |