A enfermidade do medo
Eliseo Fernández
A curta de Michael Moore “Breve historia de América” é unha historieta de debuxos animados que ilustra en pouco máis de tres minutos o proceso polo cal a sociedade americana foise convertendo nunha sociedade preñada de medo e, como consecuencia, de violencia. É posible que pensemos que a situación dos Estados Unidos non ten nada que ver coa da nosa sociedade, mais quizais ese sexa un problema que cada vez máis, vai afectándonos a todos...
En tempos pasados pensouse que era a ignorancia, a falta de información (sobre outras persoas e outras sociedades), a que nos facía ver aos demáis como inimigos. Mais as persoas do noso tempo, nos países máis ricos, teñen toda a información ao seu alcance, mais aínda así continúan padecendo a enfermidade do medo. Segundo parece vivimos no mellor dos mundos, mais sentímonos continuamente ameazados coa posibilidade de perder ese nivel de vida, esa riqueza e ese benestar. A maior parte do mundo vive na miseria, mentres as sociedades máis desenvolvidas desfanse interiormente na neurótica procura do éxito e na paranóica defensa do privilexio.
O terrorismo internacional, a miseria, a inmigración, as persoas marxinadas ou inadaptadas, os conflictos bélicos abertos ao longo do mundo, a xuventude revoltada, son as grandes preocupacións das sociedades avanzadas. O que preocupa aos que viven no maior benestar non é a traxedía que padecen millóns e millóns de persoas que protagonizan estas situacións, senón a ameaza potencial que poden representar para uns poucos privilexiados.
E son precisamente os medios de información os que fomentan o medo entre as persoas e as sociedades, cargando as tintas nos seus relatos alarmistas e prexuiciosos da actualidade local ou internacional. Se ben é evidente que ese tipo de informacións teñen unha utilidade primaria para as empresas de comunicación, como estimulante para unha mellor venda dos diferentes produtos informativos, non cabe ningunha dúbida que hai ademáis outras motivacións que levan aos medios de información a fomentar o medo. As grandes corporacións transnacionais que controlan o mundo precisan do medo para xustificar os enormes investimentos dos estados en gastos militares, policía e seguridade privada; ao cabo, todos estes corpos que en apariencia servirían para defender á poboación contra as supostas ameazas exteriores, realmente só serven para defender o espazo no que se desenvolven os seus negocios.
Outro efecto perverso desa política do medo é o de impedir que nos grupos sociais se constrúan ferramentas colectivas para loitar contra a inxustiza. A sensación de inseguridade, convenientemente fomentada, lévanos a desconfiar dos nosos iguais e a desbotar a opción de construir colectivos que poidan servir para combater o poder das corporacións transnacionais. O individualismo é unha nefasta consecuencia dese medo: cada vez máis isolados na nosa vivenda individual, no noso automóbil, enfrontámonos entre nós en lugar de combater aos causantes dos nosos problemas.
Dende os movementos sociais cumpre traballar para rachar con este enfermidade do medo. A nosa liberdade e o noso benestar non poden construirse no isolamento e na competencia, senón que teñen un longo camiño a percorrer na liña do traballo colectivo e da cooperación. Se cadra, entre todos, traballando conxuntamente, poderemos supera-lo medo e avanzar na construcción dunha sociedade máis xusta, máis solidaria, máis humana...
|
|
Sociedad enferma
Miguel Amorós
Forzas Eskizoá:
Nada máis nacer comezan a corrompernos
Laura
Cita
serxio
Versos
Jorge Moro
No nome da ciencia
Sakti
El representante de la Casa de Piensos Compuestos
Pedro García Olivo
Apuntamentos a favor da desviación e da anomalía nesta sociedade enferma
DERRADEIRA CIDADE
Muller terra: a procura da sanación feminina
Fátima Bermejo
Transgênicos nas comunidades indígenas peruanas
Alejandro Argumedo
Naturaleza devastada
Félix Rodrigo Mora
Do que se cría
Matosende
Quiero señalar...
Teresa Rodríguez
GRANDE HOSPITAL MUNDIAL
DAVID BRUZOS
A Pobreza, Unha Enfermidade do Capitalismo
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL
CAPITALISMO, HAMBRE, SALUD
OTTO MÁS
El bastón y la serpiente
Alberto Domínguez
Morte violenta nas beiras do mundo rico
Benito Alonso
We all live in a yellow submarine
Marcos Abalde Covelo
Santísima trindade
MINUX
A limpeza enferma
Manolo Rei
DEL DIARIO DE UN DECEPCIONADO
RAFAEL BECERRA
Impacientes do mundo unídevos!
Emma Dourado
Estamos enfermos ou simplemente non estamos?
Rebeca Baceiredo
Comunicar-se no barulho urbano
antipanfleto
A enfermidade do medo
Eliseo Fernández
Antivirus
Paulo Hortak
Tirado do “Retrato do home civilizado”
Emil M. Cioran
ACHEGAS GRÁFICAS |