Morte violenta nas beiras do mundo rico
BENITO ALONSO

No ano dousmil seis, foron mil catrocentos corenta e tres os cadavres levantados polos servizos de garda dos forenses desta Galicia que aglutina perto de tres millóns de persoas.

Quere isto dicir que se trata de persoas mortas que aínda que puideran ter un historial de enfermidade, non morreron nun centro sanitario e outras, nas que o médico de cabeceira, non quixo certificar a súa morte pola circunstancia do falecemento en cuestión.

Ao practicar os recoñecementos e as autopsias afírmase que cincocentas setenta e unha das mortes debéronse a causas naturais sendo a patoloxía cardiovascular a causante do 75% delas, seguida en menor medida polas patoloxías respiratorias.

Se che pega un infarto, un derrame o unha embolia nun camiño, nunha leira, no traballo ou na cama pertenecerás a iste grupo. E será morte natural. Aínda que tiveras trinta anos e nunca notaras nin seiquera taquicardias, será natural que así sexa... Aínda que estiveras colapsado polo traballo, correndo dun lado pro outro, co cigarro na boca e sen tempo pra durmir, será natural que así sexa... Aínda que estiveras empeñado en enriquecerte e conquerir fama e poder na túa vida a costa de todo e de todos...será natural, será... Aínda que te acabes de xubilar despois de corenta anos de traballo e leves cinco dando voltas polas consultas, con probas, con diagnósticos con esperas interminables e medias palabras sen saber que é o que tes... será natural que morras, será.

Fican oitocentos setenta e dous, mortos violentamente. Diles afírmase que seiscentos fórono por mor dun accidente. Ben, paremos un pouco eiquí. A maior parte desta xente morreu en accidentes a causa dos coches e vehículos en xeral, concretamente trescentos cincoenta, e esta cifra é máis certa que as que proporciona o organismo de tráfico pois contabiliza tamén a aquelas persoas que morreron nun centro médico por esta causa días ou meses despois.

Tralas mortes por accidente de tráfico seguen en número as producidas por accidente no posto de traballo ou indo ou vindo dil (que non se contan como laborais). Logo, eiquí temos unha mestura de causas e desencadeantes de mortes, e as cousas non son como nos din. Pois estaremos dacordo en que cando morremos no traballo non é sempre un accidente debido á fatalidade. Asumindo que todo traballo asalariado mata; a maiores, esta situación é o resultado dunha neglixencia por omisión do patrón, cando non se trata dun homicidio por imprudencia e cando non, dun asasinato puro, no momento que che mandan traballar con materiais velenosos, tóxigos ou cando son sabedores de que as condicións poñen certamente a vida en perigo,... noutras ocasións é un suicidio, cando te metes a facelo sabendo que arriscas a vida por comer.

Volvendo aos vehículos e ás carreteras temos trescentos cincoenta mortos nun ano que se di que o foron por accidente de circulación. Boa mentira tamén. Salvando unha pequena porcentaxe que puido sufrir o accidente por mor dun reventón, fallo mecánico ou enfermidade repentina que se poden considerar como fatalidade, pese a vernos na obriga de usar destas máquinas e das súas vías, o resto non son accidentes.

Se te matas nunha estrada en pésimas condicións de firme, valados e sinais é homicio por parte do Estado ou da empresa concesionaria.

Se te matas cun carro de douscentos cabalos cando fai pouco que tes o carné e non fuches capaz de contelos é homicidio, sendo responsables a industria automobilística e quen cho pagou ou financiou a partes iguais.

Se colles o coche e te pos a toda hostia, con sete copas ou outra droga enriba, por unha estrada de merda, mallao as seis da mañá e acabas morto, suicidácheste. Se llo ocultas ou disimulas aos que leves no coche e morren asasináchelos. E se embarcas sabedor diso tamén vas de suicida.

Se atravesas por unha vila ou cidade a cen, pasando da xente, levas por diante algún e morre tamén o asasinaches aínda que non fora premeditado.

Imos cos suicidios: claramente tivemos entre nós douscentos corenta e cinco que se quitaron a vida; quen sabe se é que a algún non lla quitaron e quedou así a cousa; a estes hai que engadir os que se mataron case que pola propia mao nas estradas e nos traballos. Tampouco se contan eiquí nin en ningures os que se deixan morrer aos poucos. Aínda que os que levaron a cabo a decisión libre, alonxada de calquer compromiso coas sociedades, as igrexas e relixións, aos estados e a propia especie de porlle fin aos seus días de miserias, de angurias, soidade, impotencia e dor, baixo a lousa dunha vida que facía tempo deixara de ser diles, son numerosos. Dez de cada cen mil habitantes na Coruña e Lugo; catorce de cada cen en Ferrol, once en Compostela, nove en Vigo e seis en Pontevedra e Ourense.

A pesar das constantes agresións físicas que se producen entre iguais, unhas setemil ao longo do ano namais que vinte e oito delas acabaron en morte. Por territorios é o de Vigo o de maior número de persoas mortas por homicidio, doce en concreto, síguenlle os seis da Coruña e unha media de tres mortos en cada unha das outras zonas nas que se artella a Galicia da autonomía. Azuzados como formigas en vinagre imos todos contra todos, canta razón lle hai que dar a Eskorbuto. 

Se non fora dabondo coa de xente que leva quedado polo camiño atá o de agora, fáltanos contabilizar os que foron apartados da circulación ben por argucias das familias e as institucions ou ben polas forzas de represión. Non son estrictamente morte violenta como o resto das que levamos falado mais son, sen dúbida, mortes atenuadas ou temporais. Falamos de perto de catrocentos que foron declarados incapaces pra rexer o mínimo das súas vidas; criba máis acusada nas provincias avellentadas de Lugo e Ourense; e pra rematar, mencionar aos cincocentos máis ou menos que ingresan anualmente nos cárceres ben sexa como preventivos por uns meses ou xa por anos, en cumprimento de condeas.

Ata eiquí a sociedade do benestar, da integración, dos rexios principios democráticos e do capitalismo imperial europeo.

Mais as contas son outras, máis duras:
1.443 cadáveres.
- 200 que puideron morrer naturalmente pola súa idade ou condicións físicas.
- 200 que morrerían por fatalidades.
________ 
1.043 Son os mortos violentamente por condutas homicidas ou suicidas entre iguais ou por parte dun contorno humanizado sumamente hostil.
+400 son os incapaces e internados en centros para o seu tratamento psiquiátrico ou tutela como menores
+500 son os presos nos cárceres
________   
1.943 en definitiva;  case duas mil persoas apartadas do medio pra que non molesten nin obstaculicen ou simplemente porque non fan servizo.

Duas mil persoas eran os habitantes que por media había, non hai moito, na maioría dos pobos.

Un xenocido, un exterminio; como se lle queira chamar. 

Sociedad enferma
Miguel Amorós

Forzas Eskizoá:

Nada máis nacer comezan a corrompernos
Laura
Cita
serxio
Versos
Jorge Moro
No nome da ciencia
Sakti

El representante de la Casa de Piensos Compuestos
Pedro García Olivo

Apuntamentos a favor da desviación e da anomalía nesta sociedade enferma
DERRADEIRA CIDADE

Muller terra: a procura da sanación feminina
Fátima Bermejo

Transgênicos nas comunidades indígenas peruanas
Alejandro Argumedo

Naturaleza devastada
Félix Rodrigo Mora

Do que se cría
Matosende

Quiero señalar...
Teresa Rodríguez

GRANDE HOSPITAL MUNDIAL
DAVID BRUZOS

A Pobreza, Unha Enfermidade do Capitalismo
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL

CAPITALISMO, HAMBRE, SALUD
OTTO MÁS

El bastón y la serpiente
Alberto Domínguez

Morte violenta nas beiras do mundo rico
Benito Alonso

We all live in a yellow submarine
Marcos Abalde Covelo

Santísima trindade
MINUX

A limpeza enferma
Manolo Rei

DEL DIARIO DE UN DECEPCIONADO
RAFAEL BECERRA

Impacientes do mundo unídevos!
Emma Dourado

Estamos enfermos ou simplemente non estamos?
Rebeca Baceiredo

Comunicar-se no barulho urbano
antipanfleto

A enfermidade do medo
Eliseo Fernández

Antivirus
Paulo Hortak

Tirado do “Retrato do home civilizado”
Emil M. Cioran

ACHEGAS GRÁFICAS

Colectivo editorial Renderén | colectivo.renderen(a)gmail.com | OURENSE - Galiza