Apuntamentos a favor da desviación e da anomalía nesta sociedade enferma
DERRADEIRA CIDADE

O único respiro que nos daba a triloxía de superproducións Matrix non era observar o inconformismo e a resistencia dunha serie de humanos tozudos e espectacularmente poderosos fronte ao control total e terrorífico da megamáquina (dobre metáfora sobre o poder distópico e a programación informática). Todo sistema, por moito que se esforcen os seus programadores ten fisuras, fendas… é imperfecto e non pode ser nunca absoluto porque tanto o ser humano como as máquinas que fabrica non coñecen o caos universal e as súas leis.

Concretamente, nun deses filmes había unha anomalía que se repetía constantemente desde a instauración da orde “matrixiana”. Ese é o alivio que sinte un. Un respiro que se contrapón coa obra de George Orwell, 1984, pois esta distópica sociedade do “grande irmán” era infalíbel, inapelábel, sen esas fendas ou fisuras que existen en Matrix e desde logo no mundo real no que vivimos, palpamos, fodemos e morremos.

Anomalía, anomalías que se repiten, innumerabeis, proporcionando o caos e as liñas de fuga (unhas máis positivas ca outras) que impiden que o tinglado no que nos movemos non estea sometido a ese control total polo que suspiran os fascistas, demócratas e outros paratotalitarios que teñen o poder institucional, económico e gobernativo no planeta terra.

Por moito que queiran usurpar as nosas mentes, vidas ou cartos non lograrán deter a rebelión, a deserción e as revolucións que han trocar o seu estado de cousas enfermo e cuadriculado. Un sistema que sinala aos elementos máis lúcidos á marxe del coma tolos ou enfermos e que non dá a opción de saír da desesperación a millóns de persoas que viven na pobreza máis absoluta.

Existe un desexo de liberdade, necesario para afastarnos del e do seu traballo escravizante, da súa guerra contínua e da súa explotación e consumo. Para iso deberemos ser autenticamente desviados e anómalos aos seus ollos. Haberemos de poñer en evidencia a enfermidade que reside no seu corazón impasíbel ante a morte e a destrución á que somete aos pobres, marxinados, tolos, enfermos, anciáns; sempre poñendo na balanza o que é rendíbel e o que non, a produción do sistema asasino e enfermo dos cartos.

Hai unha escapatoria a este sistema que resulta de non acatar as súas máximas e afastarnos polas gretas o máximo posíbel, invitando a outros “enfermos” a que “regulen” e sigan nesa dirección desviándonos da súa “cordura” e da súa “cuadrícula permanente”. Xa sabemos que os anómalos non somos rendíbeis. Unámonos e defendámonos contra Matrix.

Sociedad enferma
Miguel Amorós

Forzas Eskizoá:

Nada máis nacer comezan a corrompernos
Laura
Cita
serxio
Versos
Jorge Moro
No nome da ciencia
Sakti

El representante de la Casa de Piensos Compuestos
Pedro García Olivo

Apuntamentos a favor da desviación e da anomalía nesta sociedade enferma
DERRADEIRA CIDADE

Muller terra: a procura da sanación feminina
Fátima Bermejo

Transgênicos nas comunidades indígenas peruanas
Alejandro Argumedo

Naturaleza devastada
Félix Rodrigo Mora

Do que se cría
Matosende

Quiero señalar...
Teresa Rodríguez

GRANDE HOSPITAL MUNDIAL
DAVID BRUZOS

A Pobreza, Unha Enfermidade do Capitalismo
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL

CAPITALISMO, HAMBRE, SALUD
OTTO MÁS

El bastón y la serpiente
Alberto Domínguez

Morte violenta nas beiras do mundo rico
Benito Alonso

We all live in a yellow submarine
Marcos Abalde Covelo

Santísima trindade
MINUX

A limpeza enferma
Manolo Rei

DEL DIARIO DE UN DECEPCIONADO
RAFAEL BECERRA

Impacientes do mundo unídevos!
Emma Dourado

Estamos enfermos ou simplemente non estamos?
Rebeca Baceiredo

Comunicar-se no barulho urbano
antipanfleto

A enfermidade do medo
Eliseo Fernández

Antivirus
Paulo Hortak

Tirado do “Retrato do home civilizado”
Emil M. Cioran

ACHEGAS GRÁFICAS

Colectivo editorial Renderén | colectivo.renderen(a)gmail.com | OURENSE - Galiza