Do que se cría
Matosende

Quen aínda mantemos coa terra, as prantas, os animais e os cultivos algunha ligazón, vimos defender aquí, con maior ou menor tino, a indisoluble relación entre esa natureza e os humanos. De entrada queremos facer expreso o recoñecemento do seu dereito a unha vida sa, digna e sen sufrimentos.

Nada mudou para nós desde os tempos dos primitivos humanos –colleitadores de froitos, sementes, raíces, fungos e produtos animais– ata hoxe –cando imos ás noces, ás castañas, á froita, ás setas, ou a munxir o gando–. As relacións entre as especies acontecen nun ciclo natural, de xeito espontáneo, onde cada especie evoluciona en relación de igualdade coas outras sen destrución nin explotación.

Mesmo trala aparición dos cultivos, o pastoreo e as técnicas e materiais de conservación dos alimentos, non houbo rupturas nin situacións de dominación home-natureza, nin do home polo home. O que houvo foi simplemente unha mellora das condicións de vida baseadas no apoio mutuo, a colaboración, a repartición e o instinto de supervivencia común a todos os seres.

Non sabemos cales foron os acontecementos que se deron pra comenzar coa acumulación de excedentes alimentarios, a apropiación dos mesmos e da terra por individuos concretos, a aparición de administradores, de gardas e protectores das colleitas, dando orixe ás diferenzas sociais, á explotación e ao sometemento ás figuras da propiedade, o estado, o xerarca, o soldado e o feiticeiro.

No comezo da Idade Antiga xorde a civilización a xeito de cidades-estado como foron as de Ur e Uruk (IV-V milenio A.C), e despois a formación dos imperios acadio, asirio e hitita no Eúfrates, anuncian o que viría despois coas civilizacións exipcia, grega e romana.

Descoñecemos tamén como organizaban a súa vida os humanos, milenios antes do comezo da era cristiana, antes da época antiga. Sospeitámolo. Mais, en calquera caso, iso oficialmente non se considera “civilización”, senón que máis ben está asociado á barbarie, primitivismo e “períodos escuros de anarquía”. Os mesmos tempos que volven ao longo da historia, cando sucumben os imperios e as ideoloxías dominantes. Así ocorreu trala desintegración do imperio romano; eses séculos de invasións bárbaras, que chegan ata o ascenso das dinastías reais e o poder da igrexa, sempre son cualificados con termos similares, como sinónimo de caos, destrución e morte.

Tamén os redutos de vida tribal, as organizacións e os costumes aborixes dos pobos afastados ou cercanos a esta civilización contemporánea, foron e son tachados de “atraso “, sendo integrados ou mesmo masacrados sen piedade. E isto en xeral, faise sen maior profundización, incluso aproveitando para crear algún pintoresco parque etnográfico.

A transmisión do coñecemento foi case sempre oral, ou escrita de grafias sinxelas, por iso non existía, daquela, unha clase social que se ocupara exclusivamente da recopilación e a custodia do saber. As existencias, os excedentes, a terra fértil e a produción de alimentos, apeiros e ferramentas eran comunais e como tal se repartían e se producían na proporción axeitada, polo que tampouco eran precisos escribintes, administradores nin gardas.

O fondo místico dos homes era cuberto por ritos, cultos ou prácticas animistas persoais polo que tampouco se precisaba de sacerdotes nin textos sagrados.

En canto a ausencia de grandes obras e monumentos, podémolo ligar a inexistencia de oligarquías e por tanto de escravitude e explotación humana. O home procuraba o xusto pra comer, morar e folgar.

Daquela, coma hoxe, había rapiña, violacións, asasinatos e intentos de entronización ou caudillaxe máis a unión defensiva puña fin a istes intentos autoritarios.

Desde a nosa perspectiva, a variación nas especies non pode ser entendida mais como a evolución dunhas a caron das outras; a variedade nos cultivos e nas prácticas gandeiras é froito, tanto da intelixencia e da experimentación do home na procura de millores e variadas colleitas e camadas, como da propia dinámica do mundo natural nas mesturas e interrelacións, na reprodución e aclimatación.

Neste sentido, a desaparición de vida e, en ocasións, de especies enteiras, só obedece, en menor medida, aos avatares climáticos e a mutación das condicións de vida no planeta. A acelerada destrución de variedades vexetais e animais por erradicamentos, matanzas, pragas e enfermidades ten un principal responsable no home que, consciente de todo, é finalmente responsable da súa propia destrución. Non estamos a falar da especie humana como culpable senón dos sistemas dominantes que basean a súa existencia na sobreexplotación da vida como recurso, amén dos seus elementos primordiais: a auga e o ar.

Consideramos que o desenvolvemento da humanidade veu dado en parte polos cruces, enxertos e polinizacións levados a cabo polo home, na súa dinámica viaxeira e itinerante, á procura de asentamentos, levando con il as variedades que constituían a súa dieta básica. Coa chegada da colonización, as migracións forzadas e as guerras, esta situación muda debido á superpoboación, sobrexplotación e á consecuente escaseza de recursos.

A progresiva industrialización nos dous últimos séculos e o desenvolvemento no campo da menciña, bioenxeñaría, farmacia e química mudou drásticamente a nosa relación coa natureza e coa alimentación. Co nacemento dos estados, os sistemas de mercado, a monetarización do agro e ao abandono das actividades agrícolas e gandeiras tradicionais o agro se converteu nun trasunto das fábricas.

A mecanización que nos ía liberar escravízanos, degradando os terreos profundamente, por mor da compactación e roturación intensa ao empregarse maquinaria pesada pra labores e recolleitas.

A relación cos cultivos, as prantas e os animais trocou nunha mera relación de mercado e explotación considerandoos apenas mercadoría susceptible da súa conversión en cartos. Deste xeito a gandeiría, o pastoreo e a cría de animais –salvo reductos na montana e vales aillados– foi reducida en granxas que se converteron en establecementos de cativerio e centros de torturas polo engorde forzado, a inmobilidade e o sacrificio cruel; onde os animais só agardan a morte sen tempo algún pra vivir.

É indubidable a importancia dos avances científicos, sobre todo nos eidos da hixienización e conservación dos produtos. Tamén se constata un grande alivio dos traballos pesados e rutinarios pro gandeiro e o labrego, como por exemplo na transformación dos lácteos ou na separación do gran e a súa transformación en fariñas. Mais a práctica totalidade destes adiantos foron orientados a conquerir unha rendabilidade a toda costa pisoteando as condicións de vida dos animais e do crecemento e maduración das prantas, obrigando con estes sistemas pechados e estabulados, a depender da alimentación a base de piensos enveleñados e da suministración de menciñas, sueros, tratamentos e fertilizantes que os mesmos lobbys da industria química e farmaceútica fabrican e que as propias condicións de amontoamento sexa en granxas ou invernadoiros contribúen a adquirir e propagar.

Non esquezamos que tamén na nosa especie, as condicións de amontoamento son as máis idóneas pró cultivo e propagación de epidemias. Un exemplo recente desta situación foi a recente gripe aviar que cercenou, por temor inducido, a cría no campo aberto das aves de curral, os brotes de cólera e malaria nas zonas mais miserables da terra e as enfermidades neumolóxicas, neurolóxicas e alérxicas do noso contorno acondicionado.

Por non falarmos da comercialización dos produtos que deixa ao produtor a mercede das cadeas de activistas financeiros e intermediarios da alimentación.

O propio sistema do monocultivo e o abandono dunha grande parte das terras, agrava o problema da natural aparición de especies e fungos que se alimentan e viven das prantas que, ao non ter enemigos naturais –afastados pola transformación dos seus hábitats–, convírtense en pragas. De novo, a industria química tentará erradicar e controlar este “problema” cuns custes económicos engadidos pro labrego e letais prá pranta, os froitos, a microfauna da terra, os animais e o propio home.

A biotecnoloxía, agardada con boas expectativas, posto que ía erradicar a fame no mundo con sementes máis resistentes, produtivas e asequibles pra todos, converteuse na meirande chantaxe mundial e no maior crime contra humanidade. Hoxe isto xa sería un bo motivo pra a rebelión absoluta e sen condicións nin concesións en todas as partes do planeta.

Esta panacea non só non diminuiu a fame no mundo senón que a aumentou. As sementes son tratadas, ben pra súa infertilidade na segunda xeración con productos como thiram, –tóxicos que imposibilitan a súa inxesta como gran pra alimentarmos– ou ben pra unha rápida xerminación que dificulte a súa conservación. O rexistro de patentes en mans de corporacións, a exportación e implantación de organismos modificados nas zonas de fame de África, América e Ásia, os cultivos extensivos de leguminosas pra combustible e comida pra o gando do que se alimenta Europa e América do Norte, condearon á morte e hipotecaron definitivamente as condicións de vida de miles de millóns de persoas cun carácter que hoxe poderíamos calificar de irreversible, ainda que se lle puxera fin inmediato, ao longo de varias xeracións.

Namentres, as lexións de biólogos consumen recursos e tempo na creación de ridículas e innecesarias variedades animais e vexetais que a sociedade de consumo e a industria da alimentacións esixe.

A informática e a telemática, mediante o control on-line das sementes e a actividade programada nas explotacións gandeiras, xunto co desenvolvemento da nanociencia –que permite subministrar os nutrintes, minerais, auga, fertilizantes e tratamentos funxicidas sen precisar sequera do substrato da terra–, transforman o agro nun laboratorio.

Laboratorio e fábrica, capital produtivo, euxenesia fascista, horizonte de antenas. Alimentación enveleñada, animais enfermos, froitos en probeta. Dioxinas no leite, metais nas berzas; metástase nas células e desconexións neuronais.

Quedaban as herbas, os musgos, as resinas e as secrecións no fondo dos bosques e das xunglas, patrimonio natural reparador da saúde humana, estragado e expoliado hoxe pra acabar sintetizado como menciña dos males que sufrimos, males que na maior parte a nosa civilización creou.

Toneladas de esencias, principios activos... estruturas moleculares ao servizo da estética, dun alongamento precário, artificial e patético da vida daqueles que poden pagalo. Entanto, non é posible combater nin erradicar as epidemias que asolan as poboacións pobres: cólera, malaria, paludismo, disentería, tifus, dengue, tuberculose e, agora, a SIDA. Os cartos das fundacións creadas polos magnates e poderosos, afectados polas enfermidades do benestar como o alzheimer, o cancro, o parkinson e as enfermidades autoinmunes, se encargan de que a investigación teña todos os apoios pra suministrar con rapidez un novo antídoto e pezas de recambio que lles garantan a vida e a lucidez que precisan pra continuidade dos seus negócios.

Infinidade de substancias químicas elaboradas só con destino aos cultivos, á industria cárnica, á conservación e transformación do alimento e da auga.

Existen milleiros de variacións obtidas do petróleo para a súa aplicación en todos os ámbitos nos que se desenvolve a vida. Mais descoñecemos realmente as aleacións, e combinacións de minerais, metais e gases empregados pola industria no suministro constante de naderías e artigos repetidos e innecesarios.

E hai alguén que sexa quen de probar isto? Ainda que así se fixese, a sociedade da información, as campañas de comunicación, a publicidade, as investigacións patrocinadas e os estudos contraditorios, continuos e cruzados afogarán na trivialidade, no engano, na irremediabilidade, na lonxanía e na confianza cega no verdugo, calquera atisbo de racional preocupación e conato de rebelión.

Empreguemos os seus fertilizantes como explosivo, o petróleo como acelerante e os plásticos e metais dos cacharros que nos arrodean de metralla pra derrubar edificios, polígonos industriais, barriadas e autovías. Usaremos a súa maquinaria, a súa frota monstruosa de camións, retro-excavadoras e carros blindados, pra desescombrar, descontaminar e crear enormes cinturóns de vida nas cidades.

Collamos de novo as pás, as fouces, as eixadas e os petóns pra resgatarmos da morte lenta.

Terrorista internacional! Deixate de sintéticos plásticos e propaga, sementa e estende a vexetación; o mato é mil veces máis efectivo e non deixa secuelas nin residuos na súa misión de porlle fin a esta civilización.

Sociedad enferma
Miguel Amorós

Forzas Eskizoá:

Nada máis nacer comezan a corrompernos
Laura
Cita
serxio
Versos
Jorge Moro
No nome da ciencia
Sakti

El representante de la Casa de Piensos Compuestos
Pedro García Olivo

Apuntamentos a favor da desviación e da anomalía nesta sociedade enferma
DERRADEIRA CIDADE

Muller terra: a procura da sanación feminina
Fátima Bermejo

Transgênicos nas comunidades indígenas peruanas
Alejandro Argumedo

Naturaleza devastada
Félix Rodrigo Mora

Do que se cría
Matosende

Quiero señalar...
Teresa Rodríguez

GRANDE HOSPITAL MUNDIAL
DAVID BRUZOS

A Pobreza, Unha Enfermidade do Capitalismo
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL

CAPITALISMO, HAMBRE, SALUD
OTTO MÁS

El bastón y la serpiente
Alberto Domínguez

Morte violenta nas beiras do mundo rico
Benito Alonso

We all live in a yellow submarine
Marcos Abalde Covelo

Santísima trindade
MINUX

A limpeza enferma
Manolo Rei

DEL DIARIO DE UN DECEPCIONADO
RAFAEL BECERRA

Impacientes do mundo unídevos!
Emma Dourado

Estamos enfermos ou simplemente non estamos?
Rebeca Baceiredo

Comunicar-se no barulho urbano
antipanfleto

A enfermidade do medo
Eliseo Fernández

Antivirus
Paulo Hortak

Tirado do “Retrato do home civilizado”
Emil M. Cioran

ACHEGAS GRÁFICAS

Colectivo editorial Renderén | colectivo.renderen(a)gmail.com | OURENSE - Galiza