JORGE MORO

Non sei que facer nas noites de insomnio, cando non me deixan durmir quenes non fan ruído. Estou tan atento aos signos externos que ata os internos semellan extracorpóreos. Así que collo papel e boli, e comezo: neste mesmo intre a dicotomía é única –e pasados vinte e tres minutos– a voar…



Entón a morte chegou
para afundirme un anaco máis

Por sorte para min
son mota de po a ras de chan

E agora –por fin– tocaría plantarme
e crecer sentindo únicamente

A luz quentar
a terra amamantando
a chuvia dando de beber

Mentras a savia necesaria dentro do corpo
e o vento fanme viaxar

Sen pensar en…



Postos a elexir
e deixar de ser bipolar
para chegar ao unipolarismo
uniforme
fico coa ledicia
alumiñando todos os poros
sen centímetros cadrados libres
na miña pel para a tristura

Así
os sacrificios de polos
son caídas futuras da miña sangue ao chan

As cousas que perdo nas mudanzas
son agasallos de aniversarios esquecidos

E os días de cola na oficina burocrática
atallos que atopas entre o verde
con poni incluído

E síntome ben

Por iso
desterrada a cordura
abrazo apertando a ledicia
…sendo os outros
que hai en min

e cada paso errante que dou
é camiño seguro para algún outro.

Sociedad enferma
Miguel Amorós

Forzas Eskizoá:

Nada máis nacer comezan a corrompernos
Laura
Cita
serxio
Versos
Jorge Moro
No nome da ciencia
Sakti

El representante de la Casa de Piensos Compuestos
Pedro García Olivo

Apuntamentos a favor da desviación e da anomalía nesta sociedade enferma
DERRADEIRA CIDADE

Muller terra: a procura da sanación feminina
Fátima Bermejo

Transgênicos nas comunidades indígenas peruanas
Alejandro Argumedo

Naturaleza devastada
Félix Rodrigo Mora

Do que se cría
Matosende

Quiero señalar...
Teresa Rodríguez

GRANDE HOSPITAL MUNDIAL
DAVID BRUZOS

A Pobreza, Unha Enfermidade do Capitalismo
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL

CAPITALISMO, HAMBRE, SALUD
OTTO MÁS

El bastón y la serpiente
Alberto Domínguez

Morte violenta nas beiras do mundo rico
Benito Alonso

We all live in a yellow submarine
Marcos Abalde Covelo

Santísima trindade
MINUX

A limpeza enferma
Manolo Rei

DEL DIARIO DE UN DECEPCIONADO
RAFAEL BECERRA

Impacientes do mundo unídevos!
Emma Dourado

Estamos enfermos ou simplemente non estamos?
Rebeca Baceiredo

Comunicar-se no barulho urbano
antipanfleto

A enfermidade do medo
Eliseo Fernández

Antivirus
Paulo Hortak

Tirado do “Retrato do home civilizado”
Emil M. Cioran

ACHEGAS GRÁFICAS

Colectivo editorial Renderén | colectivo.renderen(a)gmail.com | OURENSE - Galiza