A limpeza enferma
Manolo Rei
Dende sempre o corpo humano está afeito a convivir no medio natural con multitude de bacterias e xermes. Só unha pequena parte destes microorganismos poden resultar prexudiciais para a saúde, sendo os máis inofensivos e mesmo necesarios e beneficiosos.
O empeño das multinacionais dos sectores químico, cosmético e farmacéutico por convencernos da imprescindible esterilización e desinfección do noso corpo e a contorna que habitamos fíxose realidade no obsesivo afán pola limpeza do fogar e a ducha diaria. O repetitivo e machacón mensaxe publicitario foi totalmente efectivo e xa ninguén discute a necesidade de ducharse a diario e manter correctamente limpo de xermes a nosa contorna.
Leixivias, deterxentes, desengraxantes, desinfectantes... son algunhas das armas coas que estas empresas fan negocio e coas que nos fogares lóitase sen cuartel contra os, segundo a crenza común, perniciosos xermes. Limpeza e desinfección que tamén se terá que facer efectiva no noso propio corpo mediante o uso de xeles, xabóns, desodorizantes, locións, e todo tipo de sustancias químicas que permitirán que poidamos cheirar a inexistentes limóns do Caribe antes que a nós mesmos.
No documental “El cuerpo en guerra” (1) emitido no programa “Documentos TV” de TVE un grupo de investigadores expón a chamada “hipótese da hixiene”. Hipótese na que se afirma que o exceso de limpeza e hixiene ten como consecuencia a eliminación da nosa contorna inmediata de moitos dos microorganismos cos que convivimos durante miles de anos e que serviron para manter en perfecto estado ao noso sistema inmune. O resultado é o aumento de determinadas enfermidades alérxicas e asma, e o xurdir, nos países chamados desenvolvidos, das denominadas enfermidades autoinmunes entre as que destacan a enfermidade de Crohn, a colite ulcerosa, a esclerose múltiple, o lupus, a hepatite autoinmune, a dermatite atópica, e a síndrome de fatiga crónica entre moitas outras.
O curioso é que os investigadores están probando con bastante éxito unha nova terapia biolóxica consistente na introdución no corpo dos doentes de determinadas bacterias ou parásitos e lombrigas que parecen centrar a atención do sistema inmune conseguindo que este deteña totalmente ou en parte os ataque sobre o propio corpo.
É ben certo que historicamente os problemas de insalubridade foron unidos ao aumento de enfermidades infecciosas. Pero unha cousa é a insalubridade provocada pola falta de servizos básicos como auga potable, inodoros, recursos sanitarios básicos e xabón natural... e outra é a compulsiva teima da limpeza e da desa ducha do día a día da que estamos tan convencidos e necesitados.
Non fai tantos anos que o baño ou a ducha reservábanse para o fín de semana e poida que algunha que outra vez entre semana sen que iso implicase descoidar a hixiene personal. En calquera caso todo depende de moitos factores como o grao de traballo físico, a climatoloxía existente, etc. Con este conto da ducha diaria e a desinfección quen gañan con fartura son os que nos venden os seus produtos químicos a esgalla. Os grandes perdedores son o malgasto de recursos, o medio ambiente e quen enferman de tanta ducha e abrillantador.
Sobre este asunto xa “despotricou” xenialmente Agustín García Calvo nun pequeno texto titulado “¡No se lave tanto! Verá qué bien” (2) do que para rematar cito o seguinte fragmento: “Puede pués que le sea difícil ponerse a lavarse menos y rebelarse contra el Imperio de la Higiene, y tendrá V. que ser prudente y morigerado en el progresivo abandono de las malas prácticas con que lo han constituído, en el ir devolviendo la vida y el respiro a su piel martirizada. Incluso, si está V. enfermo, puede que tenga que seguir usando la bañera a la manera de aquellas viejas damas que, al enseñarles a las visitas el cuarto de baño instalado por primera a vez en su domicilio, les decían señalando la bañera “Y esto, por si alguna vez (Dios no lo permita) caemos enferma alguna de nosotras”. Que debían de ser las mismas que, murmurando de unas jóvenes vecinas, rezongaban “Esas guarras, que se andan bañando cada día”, con mejor razón de la que creían ellas: pues sólo la que no necesita limpiarse es limpia.”
(1) El Cuerpo en Guerra. DOCUMENTOS TV (TVE-2 12.05.2004) http://www.zonade.com/aeii/articulo/enport.htm (2) O texto de A. García Calvo publicouse na revista “Archipiélago”, sendo o artigo nº 5 na “Serie de Noes” que se publicou en El País o 19 de abril de 1993. http://www.elpais.com/articulo/sociedad/lave/Vera/bien/elpepisoc/19930419elpepisoc_6/Tes
|
|
Sociedad enferma
Miguel Amorós
Forzas Eskizoá:
Nada máis nacer comezan a corrompernos
Laura
Cita
serxio
Versos
Jorge Moro
No nome da ciencia
Sakti
El representante de la Casa de Piensos Compuestos
Pedro García Olivo
Apuntamentos a favor da desviación e da anomalía nesta sociedade enferma
DERRADEIRA CIDADE
Muller terra: a procura da sanación feminina
Fátima Bermejo
Transgênicos nas comunidades indígenas peruanas
Alejandro Argumedo
Naturaleza devastada
Félix Rodrigo Mora
Do que se cría
Matosende
Quiero señalar...
Teresa Rodríguez
GRANDE HOSPITAL MUNDIAL
DAVID BRUZOS
A Pobreza, Unha Enfermidade do Capitalismo
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL
CAPITALISMO, HAMBRE, SALUD
OTTO MÁS
El bastón y la serpiente
Alberto Domínguez
Morte violenta nas beiras do mundo rico
Benito Alonso
We all live in a yellow submarine
Marcos Abalde Covelo
Santísima trindade
MINUX
A limpeza enferma
Manolo Rei
DEL DIARIO DE UN DECEPCIONADO
RAFAEL BECERRA
Impacientes do mundo unídevos!
Emma Dourado
Estamos enfermos ou simplemente non estamos?
Rebeca Baceiredo
Comunicar-se no barulho urbano
antipanfleto
A enfermidade do medo
Eliseo Fernández
Antivirus
Paulo Hortak
Tirado do “Retrato do home civilizado”
Emil M. Cioran
ACHEGAS GRÁFICAS |